Ola a todas e a todos!
Comeza un novo curso na EPAPU Río Lérez e, con el, retomamos este espazo de dinamización lingüística que tan boa acollida tivo o ano pasado. Se en 2025-2026 estivemos "Tecendo Linguas", descubrindo como se entrelazan os idiomas e as súas historias, este curso iremos máis aló.
Este ano queremos falar do que une os pobos máis alá das fronteiras e das linguas: a artesanía, os costumes, a gastronomía e as tradicións que nos fan humanos en calquera parte do mundo.
Porque por moi diferentes que sexan as linguas que falamos, todos os pobos teceron, cociñaron, celebraron e contaron historias arredor dun lume, dun tear ou dunha mesa. E iso é precisamente o que queremos tecer este curso no blog e nas redes: os fíos invisibles que conectan culturas distintas a través de xestos tan universais como facer pan, fiar unha manta ou celebrar unha festa.
O novo proxecto: "Tecendo pobos".
Ao longo do curso iremos publicando (e compartindo nas redes sociais do centro)
propostas arredor destes eixos:
- Artesanía do mundo: oficios tradicionais galegos e doutras culturas.
- Linguas e palabras viaxeiras: expresións que pasaron dun idioma a outro.
- Sabores que contan historias: receitas e costumes gastronómicos.
- Tradicións e festas populares: o que se celebra e por que.
- Costumes cotiás: xestos e obxectos que se repiten en pobos moi afastados entre si.
































.gif)








