BENVIDOS AO NOVO CURSO 25-26!
Benvidos ao novo blog do Equipo de Normalización Lingüística da EPAPU Río Lérez de Pontevedra!
O fío condutor das actividades de
dinamización para o presente curso escolar desenvólvese baixo o lema "Tecendo
Linguas". Este título responde á natureza multicultural e
plurilingüe da EPAPU Río Lérez, un centro que funciona como punto de encontro
para alumnado procedente de diversas partes do mundo.
"Tecendo
Linguas" nace da convicción de que a diversidade lingüística que
achega o noso alumnado estranxeiro é unha riqueza que debe ser posta en valor.
O proxecto utiliza esta realidade multicultural como pretexto pedagóxico para
establecer pontes de diálogo entre as diferentes linguas maternas do alumnado e
situar o galego como a lingua de acollida.
Imos aló!

Comentarios
Publicar un comentario