Día da Ilustración: SIRO
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo coa data do nacemento de Castelao. É unha xornada para recoñecer e poñer en valor o traballo dos profesionais da ilustración dentro da industria cultural galega e, ao mesmo tempo, para render homenaxe a un ilustrador ou ilustradora do país. Na edición de 2026, a celebración está dedicada a Siro López.
No equipo de Normalización Lingúística non quixemos perder a oportunidade de celebrar o talento deste artista galego, e fixémolo cunha actividade que mestura arte, misterio e tecnoloxía...
Como podes participar no reto?
Observa: mira ben as caricaturas de Siro nos corredores.
Escanea: usa o móbil no código QR de cada panel.
Investiga: le as pistas que aparecerán na túa pantalla.
Escribe: anota o nome do escritor/a na túa ficha.
Entrega a ficha e participa no sorteo de libros e entradas de cine!
Comentarios
Publicar un comentario