O EDLG e "O dondo colo do vento" tecen lecturas con Arantza Portabales

 



Cando o club de lectura "O dondo colo do vento" e o Equipo de Normalización Lingüística unen forzas, o resultado son experiencias tan enriquecedoras como o noso último encontro literario, onde disfrutamos da novela de Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do sinal

Falamos de todo aquilo que nos conforma como persoas: da soidade e do poder sanador da palabra; do amor, dos divorcios e da dureza da enfermidade. Do que calamos (os silencios) e de realidades tan crúas como os abusos ou a prostitución.

A través das protagonistas, descubrimos a mulleres tan reais coma nós, que nos ensinaron que a literatura é a mellor ferramenta para entender o mundo. 

Grazas a todas e todos por facer deste encontro un momento tan humano e sincero.






Comentarios

Entradas populares de este blog

BENVIDOS AO NOVO CURSO 25-26!

Día da Ilustración: SIRO

Non á violencia contra as mulleres! 25 N