No club de lectura da EPAPU, "O dondo colo do vento", seguimos tecendo historias e reflexións. Nesta segunda sesión, mergullámonos nunha das obras máis inquietantes e fascinantes da literatura recente: L'Adversaire (O adversario) de Emmanuel Carrère.
A lectura desta obra levounos moito máis alá da crónica negra. Partindo do caso real de Jean-Claude Romand, o home que mentiu á súa familia durante dezaoito anos antes de cometer o irreparable, o alumnado e o profesorado compartimos un intenso tempo de debate sobre o protagonista, o papel do narrador, do autor e cuestionamos os valores da sociedade actual.
O máis enriquecedor da xornada non foi só a análise literaria, senón a capacidade do alumnado para conectar os dilemas do libro coa propia condición humana. Nos encontros do club de lectura as páxinas son só a escusa para que a palabra circule libre e crítica.
Grazas a todas e todos os participantes por achegar a vosa visión e por facer desta sesión un espazo de reflexión tan profundo e necesario.




No hay comentarios:
Publicar un comentario