Entradas

Día da Ilustración: SIRO

Imagen
  O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo coa data do nacemento de Castelao. É unha xornada para recoñecer e poñer en valor o traballo dos profesionais da ilustración dentro da industria cultural galega e, ao mesmo tempo, para render homenaxe a un ilustrador ou ilustradora do país. Na edición de 2026, a celebración está dedicada a Siro López. No equipo de Normalización Lingúística non quixemos perder a oportunidade de celebrar o talento deste artista galego, e fixémolo cunha actividade que mestura arte, misterio e tecnoloxía... Como podes participar no reto?  Observa:  mira ben as caricaturas de Siro nos corredores. Escanea:  usa o móbil no código QR de cada panel.   Investiga:  le as pistas que aparecerán na túa pantalla. Escribe:  anota o nome do escritor/a na túa ficha. Entrega a ficha e participa no sorteo de libros e entradas de cine!

O EDLG e "O dondo colo do vento" tecen lecturas con Arantza Portabales

Imagen
  Cando o club de lectura " O dondo colo do vento" e o Equipo de Normalización Lingüística unen forzas, o resultado son experiencias tan enriquecedoras como o noso último encontro literario, onde disfrutamos da  novela de Arantza Portabales , Deixe a súa mensaxe despois do sinal .  Falamos de todo aquilo que nos conforma como persoas: da  soidade e do poder sanador da palabra; d o amor , dos divorcios e da dureza da enfermidade . Do que calamos (os silencios ) e de realidades tan crúas como os abusos ou a prostitución . A través das protagonistas, descubrimos a mulleres tan reais coma nós, que nos ensinaron que a literatura é a mellor ferramenta para entender o mundo.  Grazas a todas e todos por facer deste encontro un momento tan humano e sincero.

Os nosos idiomas!

Imagen
  Os nosos corredores falan todos os idiomas do mundo!  A finais de novembro, a EPAPU Río Lérez converteuse nun auténtico escaparate de linguas. O alumnado de Aprendizaxe de Español e o alumnado de  1º de ESPA presencial  encheron os nosos corredores de diversidade lingúística. Baixo o marco do proxecto " Tecendo Linguas " , traballamos a importancia de preservar e celebrar as linguas que cada alumno trae consigo ao centro. O resultado? Unha fantástica exposición de expresións en moitísimos idiomas. Grazas ao alumnado pola súa creatividade e por ensinarnos que, aínda que falemos diferente, todos compartimos o mesmo espazo de respecto e aprendizaxe.

Non á violencia contra as mulleres! 25 N

Imagen
  Neste 25N , na EPAPU Río Lérez, alzamos a voz para manifestar a nosa firme condena contra a violencia machista. Dentro do proxecto "Tecendo Linguas" , quixemos demostrar que, máis alá da nosa procedencia, a loita pola igualdade é universal. Baixo a premisa de que o respecto é a nosa lingua común , o alumnado colaborou representando a palabra MULLER en todos os seus idiomas de orixe. O resultado foi un mosaico multicultural onde o galego actúa como fío que une e protexe a diversidade. Porque non importa como o digas nin de onde veñas, o noso centro di NON á violencia contra as mulleres. #25N #EPAPURíoLérez #TecendoLinguas #Igualdade #Pontevedra #RespectoEnTodasAsLinguas

Rosalía coma ti

Imagen
Este mes de outubro, as paredes do centro enchéronse de forza, cor e poesía coa exposición "Rosalía coma ti" . Con textos de María Lado e as ilustracións de Belén Diz, descubrimos unha Rosalía de Castro moi lonxe do mito da "santinha": unha muller valente, feminista e innovadora que traballou sen descanso pola normalización da nosa lingua. Como parte da actividade, o alumnadop articipou nun cuestionario didáctico para afondar na súa vida e obra e visitou a nosa exposición de libros , descubrindo a Rosalía máis universal. Rosalía foi a primeira en tecer a nosa lingua coa modernidade, e na EPAPU Río Lérez seguimos o seu rastro. ¡Pásate polo corredor e déixate inspirar! #EPAPURíoLérez #TecendoLinguas #RosalíaComaTi #NormalizaciónLinguística #Pontevedra #CulturaGalega

BENVIDOS AO NOVO CURSO 25-26!

Imagen
Benvidos ao novo blog do Equipo de Normalización Lingüística da EPAPU Río Lérez de Pontevedra! O fío condutor das actividades de dinamización para o presente curso escolar desenvólvese baixo o lema "Tecendo Linguas ". Este título responde á natureza multicultural e plurilingüe da EPAPU Río Lérez, un centro que funciona como punto de encontro para alumnado procedente de diversas partes do mundo. " Tecendo Linguas " nace da convicción de que a diversidade lingüística que achega o noso alumnado estranxeiro é unha riqueza que debe ser posta en valor. O proxecto utiliza esta realidade multicultural como pretexto pedagóxico para establecer pontes de diálogo entre as diferentes linguas maternas do alumnado e situar o galego como a lingua de acollida. Imos aló!