Día da Ilustración: SIRO
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo coa data do nacemento de Castelao. É unha xornada para recoñecer e poñer en valor o traballo dos profesionais da ilustración dentro da industria cultural galega e, ao mesmo tempo, para render homenaxe a un ilustrador ou ilustradora do país. Na edición de 2026, a celebración está dedicada a Siro López. No equipo de Normalización Lingúística non quixemos perder a oportunidade de celebrar o talento deste artista galego, e fixémolo cunha actividade que mestura arte, misterio e tecnoloxía... Como podes participar no reto? Observa: mira ben as caricaturas de Siro nos corredores. Escanea: usa o móbil no código QR de cada panel. Investiga: le as pistas que aparecerán na túa pantalla. Escribe: anota o nome do escritor/a na túa ficha. Entrega a ficha e participa no sorteo de libros e entradas de cine!