BENVIDOS AO NOVO CURSO 25-26!
Benvidos ao novo blog do Equipo de Normalización Lingüística da EPAPU Río Lérez de Pontevedra! O fío condutor das actividades de dinamización para o presente curso escolar desenvólvese baixo o lema "Tecendo Linguas ". Este título responde á natureza multicultural e plurilingüe da EPAPU Río Lérez, un centro que funciona como punto de encontro para alumnado procedente de diversas partes do mundo. " Tecendo Linguas " nace da convicción de que a diversidade lingüística que achega o noso alumnado estranxeiro é unha riqueza que debe ser posta en valor. O proxecto utiliza esta realidade multicultural como pretexto pedagóxico para establecer pontes de diálogo entre as diferentes linguas maternas do alumnado e situar o galego como a lingua de acollida. Imos aló!